O alcalde de Santiago presenta hoxe en Madrid a primeira edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, un evento que se celebrará do 19 ao 28 de setembro co Mercado de Abastos de Santiago como referencia.
O programa de Compostela Gastronómica inclúe 14 xornadas impartidas por cociñeiros para profesionais do sector e afeccionados á cociña, 16 obradoiros e mesas redondas para o público xeral, catas, cociña para nenos e nenas, unha ruta de Menús de Mercado na que 25 restaurantes ofrecerán creacións especiais a base dos produtos do Mercado de Abastos…
Compostela Gastronómica está organizado por Turismo de Santiago e conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia. O festival conta cun sinal de identidade diferenciada: o produto galego que se pode encontrar no Mercado de Abastos de Santiago, centro das actividades do seu programa.
Toda a información sobre Compostela Gastronómica pode seguirse na súa web, www.compostelagastronomica.es e a través das contas de Twitter y de Facebook.