Ferrolterra entre Viños é unha iniciativa que pretende servir de unión entre hostaleiros e profesionais do viño para evolucionar da man cara ás novas tendencias en restauración.
Con proxección rexional e rexistrada como entidade tanto na Xunta de Galicia como no Concello de Ferrol, Ferrolterra entre Viños proporcionará formación aos seus socios a través de master class mensuais, aos hostaleiros mediante un curso avanzado e mesmo a persoas que queiran acceder ao mundo da hostalería sen experiencia previa, cun módulo básico de aprendizaxe.
Os cinco consellos reguladores de Galicia xa figuran como colaboradores de Ferrolterra entre Viños, así como Estrella Galicia, Auga Cabreiroá, Coren, Queserías do Eume, Campo Capela, Aceites Olei, Aceites Abril, Queixos Prestes, Café Siboney e Augardentes de Galicia.