Correos pon en marcha un novo servizo chamado Paq Peregrino que ten como obxectivo que os peregrinos poidan realizar envíos dende máis de 100 establecementos do Camiño de Santiago tanto de produtos gastronómicos coma de recordos adquiridos durante a ruta.
Dentro dos establecementos adheridos encóntranse tendas, hoteis e albergues. Dende eles poderanse enviar recordos pero tamén todo aquilo que o peregrino xa non necesite na súa viaxe, co fin de dar resposta a unha das necesidades manifestadas polos propios camiñantes.