Desde mañá, 22 de outubro, e ata o vindeiro venres, a estación de Baños de Molgas celebra as chamadas Xornadas Ferroviarias, promovidas polo Inorde.
Este evento ten como obxectivo apostar pola promoción turística das estacións en base aos usos para os que foron dotadas, dende auténticos museos itinerantes de tradición e paixón, ata a recreación da historia do ferrocarril, xunto con outras estacións dedicadas a albergues turísticos.
Este proxecto que está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP), consistiu na rehabilitación de seis infraestruturas ferroviarias en desuso, na provincia de Ourense e o Funicular de Santa Luzia en Viana do Castelo.
En canto á programación das xornadas vanse tratar distintos aspectos que están relacionados co mundo do ferrocarril dende o punto de vista etnográfico, histórico, cultural e patrimonial.