Baixo o título Como actuar de xeito normalizado con persoas con discapacidade visual, Terras de Pontevedra celebrará unha xornada formativa dirixida ao sector turístico.
A actividade realizarase o vindeiro luns, 26 de outubro, de 18:30 a 20:00 horas na Casa da Luz, en Pontevedra, e será de asistencia libre ata completar aforamento. A ela poderán acudir non só os profesionais do sector turístico, senón tamén quen estea interesado no tema.
Impartida por profesionais da ONCE, a xornada pretende dar unha serie de recomendacións sobre como relacionarse con persoas con discapacidade visual dunha forma cómoda, relaxada e natural.
Os interesados deben inscribirse no mail contacto@tallerabierto.info ou no teléfono 617340323.