A Deputación de Ourense e Renfe Viajeros colaboran ata novembro na promoción do termalismo coa oferta de Viaxes termais que teñen como destino balnearios da provincia de Ourense. Desta maneira, póñense a disposición dos viaxeiros máis de 500 prazas asociadas a estancias balnearias de 6 días que integrará tarifas especiais nos trens procedentes de Madrid e A Coruña que teñen como destino a provincia de Ourense. A Deputación e os balnearios que participan no Programa Termal encargaranse do traslado dos viaxeiros dende a estación Ourense Empalme ata os establecementos balnearios.
Ademais de Renfe e a Deputación de Ourense, no programa participan os establecementos balnearios: Caldaria Termal, Gran Balneario de Carballiño e Balneario de Molgas.
Renfe Viajeros incorporará aos participantes do programa de Termalismo Saludable y Cultura Termal un billete de ida e regreso cunha tarifa especial chamada Ourense Termal. En base a este convenio, Renfe reservará todas as semanas 50 prazas en clase turista nos trens Alvia Madria-Ourense-Madrid e outras 50 prazas no tren A Coruña-Ourense-A Coruña, coas súas estacións intermedias.
O Programa Termalismo Saudable e Cultura Termal na súa modalidade de estancias balnearias de 6 días/ 5 noites inclúe: pensión completa, 10 tratamentos termais, 2 rutas culturais, o billete de tren e o traslado dende a estación de Ourense ao Balneario.
Pódese solicitar on-line a través da web www.trenbalnearios.com