A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo acolleu a presentación de ‘…E para comer Lugo’ nos avituallamentos de La Vuelta Ciclista a España 2014.
A proba deportiva conta con 5 etapas en territorio galego nesta 69 edición e nela promoveranse diversos produtos gastronómicos con indicacións ou distintivos de calidade de Galicia. Viños, queixos, carnes, pescados, verduras ou hortalizas, entre outros, constituirán os produtos gastronómicos localizados no posto de APEHL situado na zona vip de saída de cada unha das 21 etapas.
Esta edición de La Vuelta Ciclista estará estreitamente ligada ao Camiño de Santiago coincidindo co VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. A praza do Obradoiro será o lugar onde se situará o podio da final e Cami e Xaco serán as mascotas peregrinas que estarán presentes principalmente nas etapas que atravesen algunha provincia pola que transcorra a Ruta Xacobea.