Padrón é, este mes e segundo trivago.es baseándose nos datos do estudio mensual dos prezos medios hoteleiros por noite, un dos 10 destinos españois máis económicos para realizar unha escapada rural.
En concreto sitúase na séptima posición tras lugares como Cabrales, Luarca ou Ponferrada, entre outros, con un prezo de 57 euros. Trivago destaca de Padrón o seu vínculo co Camiño de Santiago, así como a Casa Museo de Rosalía de Castro e a Fundación Camilo José Cela.