O número de viaxeiros aloxados en establecementos galegos creceu, o pasado mes de xaneiro, un 9,5% con respecto ao mesmo mes do ano 2014. Tamén aumentaron as pernoitas un 6,5%. En concreto, foron case 13.000 viaxeiros máis e 16.000 pernoitas máis. Así o indican os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística.
A estancia media sitúase en menos de dous días, mentres que a ocupación media se sitúa entre o 18 e o 21% dependendo de se se rexistra en fin de semana ou non. Por provincias, a da Coruña é a que alcanzou un maior número de viaxeiros seguida de Pontevedra, Lugo e Ourense.