O Hotel San Carlos en Santiago de Compostela levou a cabo unha profunda reforma nas súas instalacións e tamén como concepto hostaleiro converténdose nun delicatessen hotel.
Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo converter todo o establecemento nun gran espazo dedicado aos produtos da terra, a produtos gourmet e delicatessen de Galicia. Un gran espazo no que deleitarse con viños, orujos, meles, conservas, queixos, vermouts, espumosos, xenebras, e ata 100 referencias de produtos de orixe galega.
Ademais desenvolverá unha extensa programación de actividades para os seus clientes: catas, degustacións, visitas a adegas, a produtores… Moitas das empresas que expoñen e venden os seus produtos neste peculiar establecemento, quixeron dar un paso máis e apostaron por dispoñer da súa propia habitación tematizada; así, atopámonos cunha habitación dedicada en exclusiva ao café, outra tematizada por unha conserveira ou decoradas por diferentes adegas.