A Aldea do Couto, en Ponteceso, celebra ata o próximo domingo, 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha nova edición de Festiletras baixo a reivindicación de que a cultura non só é terreo das grandes cidades.
Durante toda a semana haberá programación de mañá, tarde e noite con actividades dos máis variado: lecturas, música, monólogos, degustacións gastronómicas, talleres e o Roteiro Pondaliano.
Yolanda Castaño, Guadi Galego, Amancio Prada, Manolo Rivas ou Benigno Campos, son algúns dos convidados e protagonistas desta edición que conta tamén cunha feira de artesanía.