A cidade de Pontevedra acollerá durante este ano media ducia de feiras sectoriais e 12 congresos, ademais da rodaxe de cinco producións audiovisuais. Este é o programa provisional que acaba de ser presentado polo concello da cidade.
Con esta programación espérase poder captar entre 50.000 e 60.000 visitantes dos que entre 2.500 e 3.000 serán congresistas. Polo que se calcula un retorno socioeconómico duns dous millóns de euros.
O programa feiral de 2014 está integrado pola Feira de Oportunidades (PonteStock), o Salón de Vodas, Eventos e Celebracións (Si Quero), o Salón da Educación de Galicia (Edugal), a pasarela de moda (PONMO), o salón de Peiteado e Estética (ExpoBeauty) e a Feira de Doces de Convento. En canto aos congresos, a Oficina de Pontevedra ten pechados os da Camelia, da Educación e Compromiso Social, da Asociación de Feiras de España (AFE), de Ciencias do Deporte e a Educación Física, o Galego de Dermatoloxía, o de Cirurxía Ortopédica, o de Xeriatría, PonteEmprego, Intermodes, o congreso Galicia Look&Fashion, ponte a Punto e Unirrede.
Ademais, estrea novo portal web da Oficina (www.congresos-pontevedra.com).