A compañía British Airways seleccionou a Quinta de Couselo como o viño que acompañará aos pasaxeiros nas súas viaxes transoceánicos. En concreto nos voos que unen Londres con EEUU e Canadá.
A anada 2014 do Rosal da adega Quinta Couselo, grazas á súa gran calidade e o seu atractivo posicionamento, soubo conquistar aos responsables da compañía aérea á hora de seleccionalo como o único branco galego da súa carta de viños. Hai que lembrar que a anada 2013, foi recoñecido como o Mellor Viño Branco de Galicia na Cata anual da Xunta de Galicia.
Desde a súa fundación, a adega Quinta Couselo non para de recibir galardóns e recoñecementos, para O Rosal Quinta de Couselo -buque insignia da adega- e para outros dos seus viños como o Turonia que en 2014 foi elixido o Mellor Viño Branco de España no Wines from Spain Awards 2015 do Reino Unido ou o Quinta de Couselo Selección 2014 que recibiu 92 puntos do Wine Advocate de Robert Parker.