Foto: Illas Cíes. © Galicia10
A Deputación de Pontevedra acaba de adherirse á Ruta dos Fenicios, unha iniciativa do Consello de Europa que suporá un novo atractivo turístico para a zona.
Entre os achados da Idade de Ferro encontrados na provincia destacan os da Punta do Muíño de Vento, en Vigo, e onde se conserva un altar púnico; en Monte Facho en Donón (Cangas), considerado un santuario deste pobo de mercadores da Antigüidade; no castro da Lanzada e en Monte Castro, en Ribadumia, onde tamén se encontraron restos arquitectónicos e cerámica da época.
O itinerario cultural Ruta dos Fenicios pasa por 14 países do Mediterráneo e do Atlántico e por máis de 80 cidades de orixe e cultura fenicia de Europa, Asia e África.
O tramo galego da Ruta chamarase, probablemente, Ruta das Casitérides –illas do Estaño-, que foron vinculadas coas Cíes.