O Concello de Ribadavia da man da Red de Juderías de España está presente, ata mañá, nas Jornadas Spain 360 Annual Workshop, en Napa (California) co proxecto Viñedos de Sefarad.
Esta actividade organizada por Tour Spain está dirixida a empresas e institucións españolas que comercialicen unha experiencia patrimonial e gastronómica singular co gallo de vender a marca España no mercado USA.
En total participaran 33 empresas e institucións españolas entre as que se atopa a Red de Juderías de España que estará presente con Viñedos de Sefarad, o proxecto pilotado e coordinado por Ribadavia para desenvolver unha experiencia enoturística por 24 cidades españolas pertencentes a Red de Juderías de España, e na que entran adegas e viñedos, restaurantes, aloxamento e oferta de ocio, gastronómica e cultural, como os cimentos sobre os que se asenta a oferta. Un apartado especial está adicado aos viños kosher.
No apartado de Ribadavia a oferta combina barrio xudeu, con termas, con visitas ao patrimonio histórico ribadaviense, ás adegas do Ribeiro, goce gastronómico e aloxamento nos hoteis que están adheridos a este proxecto da Red de Juderías de España.