A Denominación de Orixe Ribeiro e Pepe Solla suman forzas na segunda actividade do programa Enocións by Ribeiro, que se celebrará o 11 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago.
Pepe Solla ofrecerá catro creacións gastronómicas preparadas para harmonizar cos viños da D.O. Ribeiro e as emocións vividas durante a realización do Camiño de Santiago. A presentación dos viños virá da man da catadora e directora de 5 Sense Wine, Cristina Alcalá. A música non faltará, a través dunha sesión de DJ Analís, e os asistentes poderán coñecer a exposición Camino. El origen cunha visita guiada en grupos reducidos.
O programa Enocións by Ribeiro comezará ás 19.00 horas no Museo Centro Gaiás, cun prezo de 12 euros. As entradas están á venda en www.ataquilla.com; a Reixa Tenda, de Santiago de Compostela; e na sede do C.R.D.O. Ribeiro, en Ribadavia. Toda a información da cita está no portal web www.movimientoribeiro.com.