Máis de medio centenar de autocaravanas percorrerá Galicia por segundo ano consecutivo: volve a Ruta de Autocaravanas Yakart Camiño de Santiago que se celebrará do 1 ao 10 de agosto e partirá, como o ano pasado, dun monumento Patrimonio da Humanidade: a Torre de Hércules.
A Ruta de Autocaravanas transitará polas catro provincias galegas, mostrando aso participantes a gastronomía, historia e natureza de numerosos municipios de Galicia. A praia das Catedrais, a muralla romana de Lugo, os areais das Rías Baixas ou o canón do Sil serán algúns dos recunchos que visiten.
A Ruta, organizada por Yakart Autocaravanas en colaboración da Asociación Galega de Autocaravana (AGA), busca fomentar o turismo sostible, familiar e ecológico na comunidade.
O prazo de inscrición xa está aberto. Nesta ocasión ampliarase o límite de vehículos, pasando de 50 a 75 autos.