Mañá mércores comeza na capital galega a Ascensión 2014, unha das festas máis destacadas de Santiago cuxa celebración se prolongará ata o próximo domingo 1 de xuño.
Durante estes días destacan as propostas musicais, entre as que se encontran os concertos de Calamaro; Os Suaves; Os Resentidos ou Antonio Orozco; ademais doutros recitais ou a música de diferentes orquestras.
Tamén haberá moita animación e actividades para todos os públicos como o Concurso Cabalar; espectáculos de clown, maxia, teatro ou monicreques; pasarrúas e cabezudos; a Festa para maiores; ou a Feira do doce de Convento.