Santiago de Compostela celebra, desde hoxe e ata o 22 de maio, o primeiro Festival Internacional de Impro de Galicia, un encontro entre o teatro, a danza e a música a través da improvisación.
O evento ofrecerá espectáculos, obradoiros, jams, concertos, maratóns… En concreto, os interesados poden facer algún dos 8 cursos que se realizarán por un prezo de entre 50 e 60 euros. Tamén haberá máis dunha decena de eventos, desde coloquios a espectáculos baseados no baile, a música… e todos eles co denominador común da espontaneidade.
Impulsado pola compañía galega de improvisación TheMomento Impro, o evento trata de achegar ao público este xénero que está en auxe en todo o mundo.