Santiago acolle, ata o 22 de novembro, o ciclo Música no camiño, unha iniciativa protagonizada por bandas de música popular que organiza Turismo de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Popular e que nace como agradecemento aos peregrinos que veñen a Santiago como etapa final do Camiño.
As actuacións das bandas de música popular celebraranse na Praza da Inmaculada os domingos dos meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro, ás 13.00 horas tras a Misa do Peregrino. En total serán 24 concertos os días 5 (celebrado onte), 19 e 26 de abril; 3, 10, 17, 24 e 31 de maio; 7, 14, 21 e 28 de xuño; 6, 13, 20 e 27 de setembro; 4, 11, 18 e 25 de outubro; e 1, 8, 15 e 22 de novembro.