O sector turístico de Galicia acaba de pechar o verán coa mellor ocupación desde 2007 e unha subida de prezos do 5,4%, segundo informa o Clúster do Turismo de Galicia, que sinala que a nosa comunidade é o quinto destino dos españois, tras Andalucía, Cataluña, Valencia e Canarias.
En total, máis de 1,24 millóns de viaxeiros visitaron Galicia entre xullo e agosto -un 13% máis que no mesmo período de 2014- e as pernoctaciones creceron un 11,3 % superando a cifra do último Xacobeo.
A facturación media diaria dos hoteis por cada habitación ocupada nos meses de xullo e agosto foi de case 62 euros, un 4,8% máis que en 2014.