A axencia Tee Travel ofrece a oportunidade de coñecer a Illa de Arousa de forma divertida a través de diferentes alternativas que comparten, a todas elas, a experiencia de realizar unha ruta en kaiak durante parte do día.
O resto da xornada pódese aproveitar visitando unha adega con degustación: Amantes do viño; alugando unha bicicleta: A illa en bicicleta; realizando a ruta A pedra da auga: Pensado para os camiñantes; ou un pícnic: Quero máis kaiak. O prezo por persoa para grupos dun mínimo de 4 é de 75 euros. Tamén existe a alternativa Ao teu aire na illa, nese caso o prezo é de 58 euros.