A empresa lucense de embutidos Torre de Núñez sóbese a A Suprem, unha caravana de principios dos anos 50, para dar a coñecer os seus produtos por Galicia, Asturias e outros puntos da península.
Durante as próximas semanas percorrerá distintos eventos con grande afluencia de público como o Festival Portamérica, o Festival do Norte, a Artbeerfest de Camiña ou o Come y Calle de León.
Na food truck, o público poderá degustar os produtos da marca lucense. A carta de A Suprem by Torre de Núñez foi deseñada polo recoñecido xefe de cociña galego Iván Méndez. A proposta estrela do menú é a Burguer Gourmet con xamón serrano. O bocata de bacon adobado, as “pulguitas” de serrano ou chourizo, o bocata de chourizo picante ou as empanadas de zorza ou lacón e chourizo con masa natural e enfornadas diariamente, son outras das opcións.