Pepe Solla e o seu restaurante situado en Poio, Casa Solla, seguen acumulando recoñecementos en todo o mundo. O último? O dun artigo publicado pola xornalista Trish Lorenz no prestixioso diario británico Financial Times, no que o restaurante galego ocupa un dos 5 postos do ranking de mellores restaurantes familiares españois.
Casa Solla, o único restaurante galego desta clasificación, comparte este top five con Casa Gerardo, en Asturias; O Portal do Echaurren, en La Rioja; Aponiente, en Cádiz; e Solaina, en Cantabria.
De Casa Solla destaca o Financial Times o seu uso das materias primas e o seu traballo con pequenos produtores e invita aos lectores a achegárense a un destes cinco restaurantes baixo a pregunta “Non podes conseguir unha reserva en El Celler de Can Roca? Proba con esta restaurantes familiares con Estrela Michelin”.