A Illa de Arousa acollerá entre o 3 e o 5 de xullo unha nova edición do Festival do Norte que reunirá a un total de vinte grupos e seis pinchadiscos.
Na súa décimo cuarta edición mantense a filosofía de unir grupos emerxentes da escena internacional con figuras consolidadas do panorama español da música independente. Glass Animals, Other Loves, Dorian, Standstill ou a Ben Querida serán algúns dos protagonistas.
Como é habitual, os asistentes terán á súa disposición unha zona de acampada. O prezo do aboamento é de 35 euros ata o 22 de xuño, de 40 a partir dese día e de 45 en despacho.