Un total de 19 viños da D.O. Ribeira Sacra foron premiados no Mondial des Vins Extremes 2016 organizado polo CERVIM na cidade de Aosta, Italia. En concreto, lograron a Gran Medalla de Ouro, 8 medallas de ouro e 10 de prata.
As adegas da denominación de orixe presentaran un total de 59 mostras, 50 delas de viño tinto e as restantes de branco, a maioría da añada 2015.
Non todos os países poden presentar os seus viños a este concurso, no que se esixe o cumprimento de requisitos como contar cun terreo do 30% de declive; unha altitude superior a 500 metros sobre o nivel do mar; viñas en terrazas de cultivo ou viticultura das pequenas illas.