Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela acaban de asinar un convenio de colaboración para coorganizar o concurso Santiago(é)tapas, que se desenvolverá do 12 ao 29 de novembro.
Trátase da oitava edición deste evento que, ata o momento, superou as 200.000 tapas vendidas, cunha media de 30.000 tapas consumidas por ano.
Un dos principais obxectivos é consolidar o concurso nun mes fixo e seleccionouse novembro para, nunha época de tempada baixa, fomentar unha oferta atractiva que conxugue gastronomía e cinema, a través do evento Cineuropa.