O vindeiro sábado, 19 de setembro, o Auditorio do Concello de Vigo acolle a presentación oficial do novo traballo da banda Virandeira Folk. A cita será ás 21:00 horas.
Baixo o título Metamorfose, trátase do segundo disco de estudo desta formación que, nesta ocasión, apostou pola fusión de estilos: gaita, frauta e violín mestúranse con guitarras eléctricas, baixo e batería; mentres que o son celta se irmana con harmonías propias do rock, o jazz ou o pop.
Acompañados por artistas que realizarán colaboracións especiais, Virandeira Folk presentará un espectáculo musical aderezado con proxeccións musicais. O prezo da entrada oscila entre os 6 e os 8 euros.