A Coruña é, xunto con Córdoba, a provincia española con mellor reputación online segundo o ránking realizado polo buscador de prezos trivago.es. Para elaboralo analizáronse as opinións dos hoteis de todas as provincias, un total de máis de 9 millóns. En concreto, A Coruña conta cunha puntuación de 82,30 sobre 100.
Ademáis, outra provincia galega, Ourense, experimentou o maior aumento de puntuación (pasando de 80,66 a 81 puntos), mentres que Galicia -con 81,48 puntos-, tras Navarra, é a segunda comunidade con mellor reputación online.