O concello de Lugo estrea novo material turístico froito do traballo de 23 alumnos-traballadores do obradoiro de emprego Cultur@Lvcvs, financiado pola Xunta e coordinado polas concellerías de Emprego e Cultura.
En concreto, trátase de novo material divulgativo, como guías sobre os catro centros arqueolóxicos (Domus de Mitreo, Casa de los Mosaicos, Porta Miñá e San Roque), do Camiño de Santiago, un inventario dos 106 bens turísticos da cidade e 5 rutas gastronómicas, baixo a denominación gastrorutas, por 31 locais hostaleiros da cidade: rutas do polbo,do queixo, do lacón, do grelo e máis a ruta doce.