La Ferretería eventos&co, en Lugo, presenta hoxe o novo proxecto de Adega Sidrón, ubicada en Negueira de Muñiz e que conta con Francisco J. San Román á fronte.
Esta adega destaca por unha clara aposta polo traballo con variedades ancestrais, como é o caso do seu Pieiga branco, producido a partir dunha variedade chamada Branco Lexítimo, ou do seu Pieiga Tinto A Marcada, que mezcla o clásico mencía con verdello tinto e serodo. Vinissi será a encargada de levar a cabo a distribución destes produtos.