Os xefes de cociña Rafa Centeno e Inés Abril regresan con Maruja Limón e tres propostas gastronómicas innovadoras que contarán con tres espazos diferenciados no novo restaurante situado na rúa Montero Ríos de Vigo e que mañá reabre as súas portas.
Na zona granuja, un recuncho con barra, mesas altas e ventanal á rúa, servirán viños acompañados das súas creacións presentadas en pequeno formato.
Na sala principal, poderanse degustar os pratos máis destacados deste restaurante que conta cunha estrela michelin, así como as novas propostas.
E no corazón do restaurante, unha espectacular cociña á vista con capacidade para 14 comensais como máximo, que abrirá só polas noites, de martes a sábado, e á que se accederá por rigorosa orde de reserva.