A praia das Catedrais ,en Ribadeo, recibiu máis de 270.000 visitantes en baixamar durante o pasado mes de agosto. Moitos deles achegáronse en medio de semana para evitar as aglomeracións que se producen de venres a domingo o que demostra, ademais, unha maior concienciación co estado do areal.
Polas oficinas de turismo de Ribadeo e das Catedrais pasaron en agosto 42.000 persoas en busca de información, 13.000 máis que no mesmo período do ano anterior. O noventa por cento dos turistas proceden do Estado.