A cidade da Coruña volverá acoller, no mes de novembro, unha nova edición do Salón Infantil de Galicia Churritines. Será os días 8 e 9.
Nesta ocasión, o evento, que o ano pasado contou con máis de 12.000 asistentes, 107 entidades e 120 actividades, volverá ofrecer entretemento para os máis pequenos con produtos e servizos para atender todas as necesidades dos nenos e con xogos de 1 a 12 anos.
Haberá talleres, charlas, concertos, espectáculos, sorteos, unha área para o bebé, concursos, moda infantil e moitas outras sorpresas.