A Cidade da Cultura de Santiago acolleu a Asemblea Xeral do Clúster del Turismo de Galicia, o encontro anual cos seus asociados que serviu para facer balance, moi positivo, das actuacións do ente en 2014 e aprobar presuposto e calendario de actuacións para o presente ano.
Os asociados tamén deron o seu respaldo á proposta das novas incorporacións: Caldaria, hoteis e balnearios de Galicia, e a asociación Balnearios de Galicia, que reúne a 19 balnearios, supoñen a adhesión da oferta termal galega mentres que a inclusión de Hostelería Compostela representa a entrada da última das asociacións provinciais do sector que quedaba por integrarse no Clúster. Finalmente, incorpórase tamén OPC Galicia, a Asociación Profesional de Organizadores de Congresos de Galicia, que aglutina a nove empresas de incentivos e organización de eventos.
Con estas incorporacións, o Clúster del Turismo de Galicia aglutina o 95% do sector do turismo en Galicia.