Imaxe de coruna.es
A Guía Repsol propón sete parques urbanos nas cidades de Madrid, Barcelona, Bilbao, Alicante, Málaga, San Sebastián e A Coruña para gozar da natureza mentres se come no céspede ao aire libre ou se goza dunha relaxada tarde.
En primeiro lugar a Guía Repsol propón o Parque Etxebarria en Bilbao, con vistas ao Casco Vello e ao Guggenheim. A proposta de alimentación é un bocata de bonito, queixo mascarpone e mel entre unha boa fogaza de forno.
En Barcelona a proposta é o Parque da Ciutadella. A proposta gastronómica é unha ensalada fría de pasta ou arroz con bonito do norte.
O Parque Juan Carlos I é o sitio elixido en Madrid. Para comer, unhas empanadillas de bonito recheas de tomate frito e ovo duro.
Na Coruña o Parque de San Pedro permite preparar un pícnic combinando mar e montaña. Por iso no menú da Guía Repsol propoñen a típica empanada de bonito do norte con masa de pan previa a un agradable paseo no ascensor panorámico dende onde se pode ver a famosa Torre de Hércules.
O Parque da Paloma en Benalmádena Costa en Málaga é outro dos lugares elixidos cunha comida a base de ovos recheos con bonito e anchoas picadas.
En San Sebastián encóntrase o Parque de Cristina Enea e a proposta é un pintxo con hamburguesas de bonito en conserva.
E para finalizar en Alicante, as Fontes de Algar e uns bocadillos de tortilla francesa con bonito e pan untado en tomate.