A Deputación da Coruña levará estes días a FITUR a marca da provincia da Coruña como destino de Turismo industrial, baixo o que se engloban actividades, patrimonio e negocios relacionados. Ademais, presentará unha guía sobre o Camiño Inglés e promoverá o patrimonio desta institución provincial.
A capital da provincia, pola súa banda, leva a FITUR a promoción en cidades con enlace aéreo, Compostela Gastronómica e o pasado virtual de Compostela.
Mentres, a cidade da Coruña presentará a súa oferta turística centrándose, entre outras cuestións, na exposición El primer Picasso. A Coruña 2015, unha mostra que se celebrará dende febreiro ao cumprirse 120 anos da primeira exposición do artista, que realizou na cidade.