Emigración acaba de asinar un protocolo de colaboración entre a Xunta, o Clúster del Turismo de Galicia e a Asociación de Empresarios Galegos de Río de Janeiro para promover Galicia nas principais cadeas hoteleiras desta cidade. Calcúlase que máis da metade das camas dispoñibles para pasar a noite en Río de Janeiro e no seu ámbito pertencen a cadeas de propiedade galega total ou parcialmente.
O acordo tamén contempla facilitar o intercambio de estudantes e profesionais do sector turístico entre Galicia e Río de Janeiro, en especial alumnos de ciclos formativos profesionais de grao medio e superior, así como estudantes de ensino superior en turismo.