Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) no pasado mes de xaneiro Galicia rexistrou un crecemento no volume de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros galegos do 11,9% ata situarse nos 136.110 viaxeiros. Deste xeito, por vez primeira dende o ano 2008 a cifra de viaxeiros aloxados no mes de xaneiro creceu en termos interanuais.
Subiron tamén as pernoitas rexistradas no primeiro mes do ano na nosa comunidade nun 1,9% ata acadar preto de 250 mil neste período. A ocupación hoteleira tamén mellorou no pasado mes de xaneiro en 0,3 puntos porcentuais. Así mesmo, as tarifas hoteleiras en Galicia subiron tamén no primeiro mes do ano, nun 1,6%, situándose en 46,2 euros de media.