Lugo acolle hoxe as Xornadas de Promoción do Turismo Accesible, que se celebrarán no centro de convivencia Uxío Novoneyra. O Concello colabora con AUXILIA na terceira edición desta iniciativa que ten como finalidade concienciar sobre a importancia de apostar polo turismo accesible. Neste senso hay que lembrar que Lugo vén de recibir a distinción de mellor destino turístico accesible de España.
As xornadas arrancarán ás 18:00 horas con tres conferencias a cargo de representantes de Aspaym Galicia, Equalitas Vitae e Silleros Viajeros, que darán a coñecer aplicacións informáticas para localizar recursos accesibles e falarán sobre diferentes portais e blogs de viaxes accesibles. Para rematar, terá lugar un coloquio, ás 20:00 horas, que versará sobre a promoción de Lugo como destino accesible.