Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) e as Asociacións Agatur, Agarimo e Pazos de Galicia.
O obxectivo do convenio é dar continuidade ao servizo de reservas de aloxamentos de turismo rural de Galicia durante o ano 2016 dunha maneira máis competitiva. Así a coordinación e funcionamento do sistema de reservas de aloxamentos de turismo rural que viña xestionando Turismo de Galicia recaerá nas catro asociacións que neste momento agrupan os aloxamentos de turismo rural en Galicia.
O turismo rural constitúe unha das grandes fortalezas da nosa comunidade como destino ao contar con máis de 600 establecementos de Turismo Rural que superan o 7 mil prazas, dos cales, 50, contan coa certificación da Q de Calidade. Estas cifras converten a nosa comunidade na rexión con máis establecementos desta tipoloxía certificados a nivel estatal, atesourando o 49% do total de España.
Segundo os últimos datos do INE, o pasado ano a nosa comunidade superou nun 21,6% a cifra de viaxeiros aloxados nos seus establecementos de turismo rural e nun 16,2% o nivel de pasas a noite do mesmo período do 2014.