A web www.pequenasdos.com seleccionou un total de 59 rexións vinícolas españolas co obxectivo de servir de escaparate para os viños do país elaborados nestas rexións e así impulsar a súa imaxe e o seu recoñecemento en diferentes mercados.
Trátase de rexións cunha produción por baixo de 2,5 millóns de botellas e repartidas en 15 comunidades e 31 provincias. Entre elas atópanse Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra.
A web mostra de forma sinxela e visual as noticias máis relevantes das zonas, información sobre a rexión vinícola e unha relación completa de adegas.