Paradores de Turismo volve ofrecer este mes as súas ceas especiais que, baixo o nome Especia, consistirán nun menú deseñado polo equipo gastronómico da cadea en colaboración con Mario Sandoval.
O menú está formado por pratos representativos de distintas zonas xeográficas de España e, entre eles, atópanse as zamburiñas en escabeche e croqueta de caldo galego en representación de Galicia.
Esta iniciativa chegará aos Paradores da zona norte, en concreto, en Galicia, o 16 de marzo a Baiona (coa presenza de Mario Sandoval) e o día 18 a Santiago, Santo Estevo e Cangas.