A praia de Samil compite con máis de 40 areais españois por converterse na máis accesible do país, sendo a única representación galega da segunda edición da campaña La playa más accesible de los fans, posta en marcha pola empresa ThyssenKrupp Encasa, especializada en solucións de accesibilidade.
O obxectivo da iniciativa é impulsar o turismo adaptado ás persoas con problemas de mobilidade, así como informar sobre onde se pode pasar un verán libre de barreiras. Para decidir que areal merece ser declarado o máis accesible, abriuse o período de votación a través da web www.laplayamasaccesible.es ata o 24 de xullo.