Pontevedra acollerá o vindeiro ano o pionero Concurso de Viños Atlánticos organizado pola Deputación de Pontevedra e o comité do Concurso Mundial de Bruxelas. Esta será a primeira edición do Concurso de Viños Atlánticos e nela participarán viños franceses (da zona de Burdeos), vascos (chacolí), galegos, portugueses, andaluces (Jerez) e canarios.
A acollida en Pontevedra no 2015 do I Concurso de Viños Atlánticos responde ás características propias que todos eles presentan. Trátase de liderar desde Pontevedra, baixo a bandeira do viño Albariño, un plan de captación de fondos europeos no que se involucrará a outras comunidades autónomas para levar a cabo un proxecto de turismo enolóxico, sostible e gastronómico que consolide a Dieta Atlántica e os Viños do Atlántico.
Destacou, finalmente, que este I Concurso de Viños Atlánticos será unha primeira fase para que Pontevedra opte a ser a anfitriona do Concurso Mundial de Bruxelas, considerado como o máis recoñecido e prestixioso concurso mundial do sector do viño, no ano 2017 pois as sedes decídense con dous anos de anticipación.