As termas públicas e gratuítas de Outariz volven estar en servizo tras os traballos de posta a punto realizados polo concello de Ourense nas últimas semanas.
A zona de baño xa se encontra dispoñible para o uso por parte das persoas que o desexen. Ademais os bañistas poden utilizar o complexo termal das Burgas, tamén gratuíto, e as estacións termais, de pagamento, da Chavasqueira e Outariz.
Nos próximos días levaranse a cabo os traballos de arranxo dos camiños do ámbito da área termal, afectados polo temporal, así como a posta a punto de Burga de Canedo, as Termas do Muíño e as gratuítas da Chavasqueira.