Dende mañá e ata o sábado 4 de outubro a Feira Internacional de Turismo de Saúde e Benestar, Termalismo e Talasoterapia, Termatalia, celebrarase en Arxentina. Nesta 14ª edición, volverá contar con formación galega.
A sumiller galega, Mercedes González, organiza e dirixe, por quinta vez, a Cata Internacional de Augas. Tamén impartirá o curso de hidrosumiller para profesionais, especialización en augas, nivel 1 e 2. Abordaranse as súas distintas características, así como o servizo, conservación, indicacións de consumo, harmonías con pratos e viños ou tipoloxías.