O Concello de Santiago de Compostela fixouse como obxectivos para 2015 superar as cifras de pernoctacións internacionais e desestacionalizar as visitas á cidade.
Na presentación dun novo número da revista CompHostelería o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, explicou que 2014 foi un ano de consolidación da recuperación das cifras turísticas e informou de que en 2014 o aeroporto de Lavacolla superou os 400.000 pasaxeiros en conexións internacionais e que a previsión en materia de pernoctacións internacionais apuntan a que o ano se pechará coa cifra histórica de máis de 450.000 estanzas na cidade.