Os próximos días 4 e 5 de abril, Madrid volve recibir o sabor da auténtica cociña atlántica da man do galego Grupo Alborada no marco da celebración da 30 edición de Salón de Gourmets.
O chef, Iván Domínguez, acudirá en representación do Grupo gastro-empresarial e a súa presenza na feira levaralle a participar nun coloquio sobre o Pasado, Presente e Futuro da Gastronomía no que participarán os profesionais máis destacados do sector e a protagonizar dous showcookings de cociña atlántica ante os asistentes. Sargo, percebes, mexillóns, robaliza e zamburiñas son algúns dos produtos galegos cos que o chef cociñará en directo ante os asistentes.